Castellano

 

Tamén pode deixar as súas impresións no libro de visitas


Horario
Martes a Domingo
12:00 a 24:00

Luns pechado

Véndese o restaurante

Contacto: 646960721

info@papanduxo.com

 

Papanduxo, "mazá; de pel gorda que se asaba no forno de leña despois de cocer o pan". Con este nome tan larpeirán bautizamos o noso restaurante.

Instalado nunha antiga casa de labranza, está totalmente restaurada con pedra, madeira, aceiro e outros materiais nobles. A entrada dá directamente á viñoteca, a zoa de recepción do restaurante.

Ofrecemos tres comedores. O principal está situado na primeira pranta, no antigo cuarto, cunha capacidade de 20 persoas. Na mesma pranta dispoñemos dun comedor privado para 14 comensais.

Nunha ampliación da casa, na pranta baixa, ubícase o comedor máis grande, con capacidade para 40 persoas. Este espazo pódese reconverter nunha sá de usos múltiples para calqueira tipo de evento no que se precise un lugar agradable, cómodo i elegante.

É de reseñar o antiguo pendello do carro, reconvertido nun salón, ideal para disfrutar dunha animada conversa degustando un esquisito café, xunto ólume, ou disfrutando das últimas raiolas do solpor. E, se así o desexan, tamén é o lugar perfeto para unha boa partida de cartas.

Ademáis, xa sexa por razóns de traballo ou por placer, tanto no restaurante como no xardíns, todos os nosos clientes dispoñen dunha conexión Wifi de 2 Mb, de uso gratuito. Cando o tempo o permite, a terraza exterior ofrece a posibilidade de gozar dos xardíns e dunhas preciosas vistas, ou dunha cea baixo as estrelas.

...................
www.papanduxo.com